martes, 20 de febreiro de 2024

Ping a un rango de IP en LINUX

 

for IP in 10.56.105.{1..255}; do if ping $IP -c 1 > /dev/null; then echo $IP ali
ve; else echo $IP dead; fi; done


xoves, 28 de setembro de 2023

Cambio o nome do noso PC en linux

Abrimos unha terminal.

Introducimos o seguinte comando, onde «novonome» é o nome que queramos porlle ó noso PC:

sudo hostname novonome


Editamos o ficheiro "hosts":

sudo nano /etc/hosts


O anterior abrirá o editor dos nosos hosts. Teremos que cambiar o nome do noso equipo e poñer o novo.

Unha vez cambiado, presionamos Ctrl+O para gardar e Intro para confirmar os cambios.

Por último, saímos con Ctrl+X.


---------------------  SE NON FUNCIONA ---------------------

Usaremos o comando nmcli. Co seguinte comando veremos o nombre actual do equipo:

nmcli general hostname

 

Para cambiar o nome do equipo, engadimos o novo nome ó final:

nmcli general hostname novonome


Por último, saímos con Ctrl+X.

 

Se pechamos e abrimos de novo a terminal debería aparecer xa o novo nome do equipo no cursor da terminal.

martes, 9 de maio de 2023

Instalación de Kdenlive por terminal en Ubuntu

Se non che funciona o Kdenliv instalado dende o Centro de Software de Ubuntu, proba esta opción de instalación:

 

Desinstala primeiro a vesión instalada:

sudo apt-get remove kdenlive

sudo apt-get purge kdenlive

(sudo apt autoremove) se nolo suxire o terminal


Instalación por terminal:

sudo snap install kdenlive


Se ó abrir a aplicación aparece unha ventá advertindo da necesidade de instalar "glaxnimate":

sudo snap install glaxnimate

 


Instalación OpenShot por terminal para Ubuntu

Se non che funciona o OpenShot instalado dende o Centro de Software de Ubuntu, proba esta opción de instalación:

Desinstala primeiro a vesión instalada:

sudo apt-get remove --autoremove openshot


Instalación por terminal:

sudo add-apt-repository ppa:openshot.developers/ppa
sudo apt update
sudo apt install openshot-qt python3-openshot

luns, 16 de xaneiro de 2023

Folla de cálculo - Actividade 6

ACTIVIDADE 6.- Accede ó teu Drive e crea unha nova folla de cálculo, dentro da carpeta compartida co teu profesor, co nome Folla de cálculo 06 Validación de datos - Nome Alumn@

Unha vez aberta, elabora a seguinte Folla de cálculo e comproba que os datos introducidos cun formato erróneo non se introducen na folla de cálculo ou mostran mensaxes de advertencia.

Usa a "validación de datos" de drive.
 

Cando remates deberás imprimir a folla de cálculo en formato pdf co mesmo formato anterior e subila á carpeta compartida co teu profesor, axustando as marxes.